jueves, 30 de abril de 2015

Técnicas de Estudio en Educación Primaria



TÉCNICAS  DE  ESTUDIO  EN 

EDUCACIÓN  PRIMARIA




 A aprendizaxe é un  proceso de adquisición de habilidades e coñecementos  que se produce a través da ensinanza, a experiencia e o estudio.

Respecto ao estudio, que depende do esforzo e traballo que se dedica para aprender algo, necesítase unha actitude positiva, onde o que estudia asuma o seu protagonismo e supere a pasividade. Non obstante, na adquisición dos hábitos e técnicas básicas, a colaboración dos pais e nais considérase fundamental.


Crear un bo ambente de estudio na casa: que exista un sitio fixo para estudiar, co material necesario ( diccionarios, lápices, gomas…), illado de ruidos e distraccións, con iluminación suficiente (sempre que se poda que sexa natural ), boa ventilación, silla e mesa funcionais. 

                                                                          



Establecer un tempo diario para que dediquemos ao estudio: que pode concretarse nun horario de actividades de tarde ( indicando tanto o tempo que imos destinar a estudiar, como os descansos e outras actividades extraescolares e de ocio).

Acostumbre ao seu fill@ a que, ao finalizar o tempo de estudio, revise o seu material escolar e ordene a súa mochila para asegurarse de que lle entrega as notas dos profesores, os exames, e non se olvida o material para o día seguinte. O tempo de estudio deberá respetarse sen interferir con outro tipo de encargos que poidan surxir.

Dando exemplo de interés pola cultura: a través da lectura, biblioteca familiar, prensa, conversacións...

Manter unha estreita colaboración cos profesores: Débese camiñar nunha mesma dirección e buscar unha colaboración mutua.

Animar ao estudio sen sermonear: é necesario valorar a dedicación ao estudio e o esforzo máis que os resultados, resaltando os pequenos progresos. Os “sermones” poden ser contraproducentes na maior parte das ocasións, sen embargo mostrar apoio e acompañamento será de maior eficacia.

Seguir diariamente o hábito de estudio dos nosos fill@s pero sen agobiar: hai que interesarse por que exames, probas..., teñen; que dificultades encontran, cal é a súa disposición ante cada materia...

Hai que procurar gardar un equilibrio en dito seguimento e ir otorgando maior autonomía e responsabilidade conforme vaian crecendo.

            
                                      


En segundo lugar, pódese orientar aos fill@s no manexo de Técnicas de estudio.

Que entendemos por Ténicas de estudio?

Unha Técnica de estudio é unha ferramenta para facilitar o estudio e mellorar os logros. Trátase de estratexias e procedementos de carácter cognitivo e metacognitivo que se aprenden e desarrollan a través da práctica.

TÉCNICAS DE ESTUDIO EN PRIMARIA

Nas primeiras etapas, o nen@ ademáis dos hábitos básicos, pode ir incorporando pouco a pouco as Técnicas de estudio, axustando as mesmas a súa idade e capacidade.



Por exemplo, nos primeiros cursos ( de 1º a 4º ), pódese ir practicando cunha serie de técnicas como son:

A.- Primeira Técnica de Estudio, que consiste nuha serie de pasos, a saber:


1.- Lectura global.

2.- Lectura a fondo de cada parte do tema ou pregunta.

3.- Repaso de cada parte ou pregunta, intentando comprender e relacionar a información.

4.- Lectura xeral, repaso ráoido.

5.- Prepararse para o exame, control...: Cando se acerquen, facer unha lista con posibles preguntas e contestalas sen consultar o material. Logo, comprobar que as respostas dadas son correctas.

                                               


B.- Segunda Técnica de estudio: conocida como Técnica EP3R:

E ( Explorar ): Facer unha lñectura rápida de comprensión xeral.

P ( Preguntar ): plantexar preguntas á lectura, como “quen?”, “cando?”, “onde?”, “por que?”, “con que finalidade?”, “cal é a causa?”, “posibleas consecuencias”, etc. Sempre axustando as preguntas ao contido do texto, polo que o plantexamento das mesmas pode variar.É importante a utilización de lápiz e papel.

R ( reler ). Volver a ler pouco a pouco o texto para comprender con máis detalles todas as informacións.

R ( Revisar 9: responder ás preguntas que se fixeron sobre o texto. Pode que sexa necesario volver a reler. Non se pasará ao seguinte apartado ata que non se teñan contestadas todas as preguntas.

R ( Repaso ): Intentar reconstruir o sentido do tema, establecendo conexións entre as partes e estando seguros de haber comprendido o contido.

Tamén podemos ir incorporando (que se traballarán en cursos posteriores ) estratexias como o subraiado, o resumo e incluso a elaboración de esquemas.

É frecuente que os pais e nais pregunten a lección aos fill@s e supón unha práctica adecuada, pero é necesario asegurarse de que o seu fill@ comprende a lección e é capaz de contestar preguntas, cuestións que implicanj ideas, extraer conclusións, realizar inferencias e deduccións...

Unha boa sinal é cando o nen@ logra explicar o contido dunha lección coas súas propias palabras, non se bloquea se olvida algún dos datos, pon exemplos, etc.


                 



Para saber más:

RODRIGO LARA, Mº.J. y otros ( 2010): “ Cuaderno de aprendizaje: APRENDEMOS con éxito”. Toledo. Ed. Apoclam

JIMÉNEZ ORTEGA.J. y SOUSA SALGUEIRO,F. ( 2004): “Los mejores hábitos y técnicas de Estudio. Educación Primaria y Secundaria Obligatoria”. Estudiamtes hoy.

Propuestas para mejorar el rendimiento escolar. www.ceapa.es

HERNÁNDEZ PINA, F. Y MONDÉJAR ROMERO, F. : “Técnicas para estudiar con eficacia”. Ed.D.M.

JIMÉNEZ ORTEGA, J. Y ALONSO OBISPO, J.: “ En primaria aprende a aprender”. Ed. Visor

JIMÉNEZ, J. Y JIMÉNEZ de la CALLE, I.: “Técnicas de estudio para niños”. Ed. RBA práctica.

VALLES ARANDIGA, A. Y YUSTE HERNÁNZ, C.: “Ejercicios prácticos. Cómo estudiar “. Ed. CEPE

JIMÉNEZ ORTEGA, J. Y SOUSA SALGUERO, F.: “ Los mejores hábitos y técnicas de estudio 1 e 2 “. Ed. Estudiantes hoy.





http://www.aulaplaneta.com/2014/03/10/en-familia/como-ensenar-a-estudiar-a-tus-hijos-en-10-pasos/



                      

No hay comentarios:

Publicar un comentario