D I A D E E U R O PA
9 de Maio
Érase unha vez unha Europa destrozada por unha guerra que sembrara moitos odios e rencores, e , non contenta con iso, estaba ante a posibilidade dunha nova guerra.
Todos os países desexaban a paz, pero non sabían por onde debían empezar. Os gobernantes de todos os países pensaban e pensaban como logralo. De repente, un bo día, en Francia, un home chamado Jean Monnet tivo unha excelente idea, e como era conselleiro do Ministro de Asuntos Exteriores, decidiu coméntársela e Schuman, o ministro, a que lle pareceu xenial.
O día 9 de Maio de 1950, Schuman, presentou esa proposta para construir unha Europa unida pola paz. Esta proposta coñecida como "Declaración Shuman ", considérase a orixe da creación do que actualmente é a Unión Europea. O seu plan era empezar por un paso pequeno, pero moi importante: crear unha institución europea que administrara as materias primas que en aqueles momentos eran fundamentais para a guerra; o carbón e o aceiro. Se chegaban a controlar esas industrias sería máis difícil que houbera de novo unha guerra e, estariamos máis cerca de que lograr a PAZ.
Para recordar ese primeiro paso, en 1985 decidiuse que todos os anos o día 9 de Maio se celebre o DÍA DE EUROPA.
Páxinas con diversas actividades, xogos...para coñecer mellor a Unión Europea: bandeiras, eyro, países...:
http:europapeques.blogspot.com.es/cuentosdeeuropa