miércoles, 9 de mayo de 2012

9 de Maio.Día de Europa

D A   D E   E U R O PA

9  de  Maio

Érase unha vez unha Europa destrozada por unha guerra que sembrara  moitos odios e rencores, e , non contenta con iso, estaba ante a posibilidade dunha nova guerra.

Todos os países desexaban a paz, pero non sabían por onde debían empezar. Os gobernantes de todos os países pensaban e pensaban como logralo. De repente, un bo día, en Francia, un home chamado Jean Monnet tivo unha excelente idea, e como era conselleiro do Ministro de Asuntos Exteriores, decidiu coméntársela e Schuman, o ministro, a que lle pareceu xenial.

O día 9 de Maio de 1950, Schuman, presentou esa proposta para construir unha Europa unida pola paz. Esta proposta coñecida como "Declaración Shuman ", considérase a orixe da creación do que actualmente é a Unión Europea. O seu plan era empezar por un paso pequeno, pero moi importante: crear unha institución europea que administrara as materias primas que en aqueles momentos eran fundamentais  para a guerra; o carbón e o aceiro. Se chegaban a controlar esas industrias sería máis difícil que houbera de novo unha guerra e, estariamos máis  cerca de que lograr a PAZ.

Para recordar ese primeiro paso, en 1985 decidiuse que todos os anos o día 9 de Maio se celebre o DÍA DE EUROPA.


Páxinas con diversas actividades, xogos...para coñecer mellor a Unión Europea: bandeiras, eyro, países...:




http:europapeques.blogspot.com.es/cuentosdeeuropa







martes, 8 de mayo de 2012

Empeza un novo camiño...



¡Hola, amigos! Somos un grupo de mestres e mestras que desexamos iniciar un camiño novo para nós creando o blog do departamento de orientación para que o noso centro dispoña del. ¡Cremos que o merece!
Neste blog iremos engadindo todo aquilo que consideremos de interese para todos (profesor@s, pais e nais, nen@s...).¡Esperamos que vos guste!
Por último desexamos darvos as gracias por seguirnos e confiamos en que participedes aportando recursos, ideas, suxerencias,comentarios...

¡ACOMPAÑÁDENOS  NO  NOSO  CAMIÑO!