miércoles, 6 de mayo de 2015



COMO  APRENDER  MELLOR


I.-LEMBRA QUE: “ A saúde é o máis importante “

·           Facer deporte axudaráche a manterte áxil física e psíquicamente.
·           Pasea e xoga ao aire libre, participa nalgunha actividade.
·           Unha alimentación equilibrada e completa é o sustento dun bo rendimento escolar.
·           Debes durmir polo menos oito/ nove horas , para rendir mellor ao día seguinte.



Resultado de imagen de ilustraciones la salud es lo mas importante para niños





II.- CONDICIÓNS AMBIENTAIS PARA O ESTUDIO

·           O lugar de estudio debe ter certas condicións adecuadas de ventilación, iluminación, temperatura e silencio.
        
      - Debes estudiar onde te sintas ben.
      - Procura evitar distraccións.
           - Estudia sempre no mesmo lugar.
           - Estudiar é unha actividade complexa que precisa toda a        túa atención.
            - Prepara todos os materiais que vaias precisar na túa sesión de estudio.


 Resultado de imagen de ilustraciones tecnicas estudio para niños        Resultado de imagen de ilustraciones tecnicas estudio para niños


·           A mesa e a silla serán axeitados, mantendo unha postura correcta para evitar a fatiga.

-         A espalda estará recta e as pernas apoiadas no chan. Os brazos relaxados e a cabeza un pouco inclinada cara adiante.
-    A distancia que debes manter dos ollos ao libro é, aproximadamente, duns 25 cms.
-         Non adoptes malas posturas ao estudiar, poden perjudicar a túa columna vertebral e dificultan a concentración.

·           Procura atoparte a gusto e relaxad@, rendirás mais.


III.- PARA FACILITAR A TÚA CONCENTRACIÓN ONDE ESTUDIAS DEBES TER:

·           Un andel onde poidas poñer libros de texto, libretas e outros materiais ( diccionarios, atlas…)
·           Unha boa iluminación que non perxudique nin moleste.
·           Evitar as sombras, situando a lámpada ( luz) á esquerda.
·           Procura, se é posible, a luz natural.
·           A temperatura debe ser agradable, de 16º a 22º.
·           Débese renovar o aire frecuentemente.
·           É importante que o lugar onde estudias estea ordenado, sen debuxos, obxectos e outras cousas.


Resultado de imagen de ilustraciones tecnicas estudio para niños      Resultado de imagen de ilustraciones tecnicas estudio para niños


   




IV.- PLANIFICACIÓN DO MEU ESTUDIO.

A.- O meu horario de estudio.

                    Resultado de imagen de ilustracion horario escolar


·           Todas as persoas precisamos axustarnos a uns horarios para poder aproveitar mellor o tempo do que dispoñemos. Cada alumn@ adicará o tempo que precise, según a dificultade da tarea e das súas propias capacidades.
·           Confecciona o teu propio horario e non o cambies, a non ser un motivo crucial e puntual.
·           Ponte a estudiar todos os días á hora elexida, sen demoras, con firmeza.
·           Según a túa idade, debes sinalar o período  de estudio que, en primaria, non debe exceder de 1 hora.
·           Realiza pausas de 5 a 10 minutos, para descansar e cambiar de materia.
·           Debes estudiar todos os días de semana e descansar o fin de semana ( podes adicalo a ler, redactar, repasar, … Nos fines de semana podemos poñer un horario  adaptado ás actividades persoais e familiares)
·           Emprega sempre o mesmo esforzo, reparte as tareas, non deixes todo para a última hora e/ou o último día.
·           Se te atopas cansad@, reláxate e descansa uns minutos, antes de poñerte a estudiar. O tempo de descanso debemos adicalo a estirarnos, airearnos, desconxestionar a cabeza…; non a actividades que nos quiten concentración, que nos distraigan ( ver a televisión, xogar…)


                  Resultado de imagen de ilustraciones planificacion estudios niños





B.-  A miña planificación do estudio:

·           Antes de poñerte a estudiar, prepara todo o material que precises ( libros, libretas, lápices,…)
·           Ponte a estudiar sen demora. Non te fagas o remolón.
·           Marca uns obxectivos concretos a realizar.
·           Distribúe o traballo: primeiro asignaturas que requiren maior concentración, logo as máis sinxelas.
·           Fixa o tempo de que vas dispoñer para cada unha das actividades, segundo a dificultade que teñan para ti.
·           Leva ao día todas as asignaturas e traballos. Non deixes nada sen estudiar ou facer para o último día.
·           O día que teñas poucos “deberes”, aproveita para repasar temas, acabar traballos, ler…



A REGRA DE OURO é : “ traballo diario e organizado “


Resultado de imagen de ilustraciones tecnicas estudio para niños




V.- MÉTODO ACTIVO DE ESTUDIO.


Lectura

·           A LECTURA É O PASO MÁIS IMPORTANTE DO ESTUDIO. Por iso é moi importante que fagas unha lectura ATENTA E ORGANIZADA.
·           Debemos levar a cabo unha PRELECTURA: rápida, global, sen deterse nos detalles. Facéndonos preguntas: De que trata o tema?, Que relación ten cos temas que xa estudiei?, Que sei sobre o tema?...

·           UNHA LECTURA DETIDA: cando se trate de aspectos importantes que debemos reter:

-         analizando a información e recordando as ideas principais,
-         relacionando as distintas partes das preguntas,
-         non esquezas usar o diccionario cando o precises ( palabras descoñecidas que poden dificultar a túa comprensión )



·           Intenta AUMENTAR A TÚA VELOCIDADE

-         Lerás máis en menos tempo.
-         Comprenderás mellor o lido.
-         Aumentarás o teu vocabulario.

Resultado de imagen de ilustraciones tecnicas estudio para niños           Resultado de imagen de ilustraciones tecnicas estudio para niños

                                     



Consellos diante dos exames

·           Antes do exame:

-         Debes estar auténticamente convencid@ de que o tes preparado con tempo suficiente.
-         Debes repasalo, non estudialo, o día anterior.
-         Non estudies o mesmo día do exame.
-         Procura relaxarte.
-         Non cambies os teus horarios nin quedes ata a última hora da noite anterior estudiando.

·           Durante o exame:

-         Escoita atentamente as instruccións do profesor/a.
-         Le todas as preguntas do exame cando cho entreguen,
-         Distribúe o tempo que che vai levar contestar a cada pregunta.
-         Empeza a contestar pola pregunta que mellor saibas. Dárache seguridade.
-         Coida a túa presentación e redacción.
-         Se non entendes algo pregúntallo ao profesor/a.
-         Revisa o teu exame antes de entregalo.
-         Non intentes copiar nin falar cos teus compañeir@s. Na maioría dos casos trae consecuencias pouco positivas.
-         Convéncete de que se preparaches adecuadamente a proba sabes máis do que poñen nelas.


 Resultado de imagen de ilustraciones tecnicas estudio para niños      Resultado de imagen de ilustraciones tecnicas estudio para niños


VI.- ORIENTACIÓNS ÁS FAMILIAS.


1.- Controlar o estado de saúde e ánimo dos nosos fill@s.

2.- Posibilitar os medios materiais axeitados: lugar, materiais,etc.

3.- Ofrecer alternativas ao seu tempo libre e organizarllo.

4.- Facilitar un clima afectivo positivo. Falar con eles/as dos seus estudios, amigos, aficións…
5.- Confiar neles/as, comprendelos/as. Sen descoidar o control sensato.

6.- Animalos/as e estimulalos/as a que superen as dificultades. Non debemos darlles a solución sen axudarlles a buscar camiños para que a atopen por eles mesmos.

7.- Valorar positivamente as pequenas cousas, os pequenos logros. Isto axuda a ter unha boa autoestima.
8.- Facerlles ver o verdadeiro valor do estudio, valorando o esforzo e non só os resultados.

9.- Esixir según as posibilidades de cada fill@. Evitar comparacións cos seus irmáns ou con outros compañeir@s.

10.- Serar neles hábitos de estudio. Esixirlle levar as asignaturas ao día, facéndolles un horario persoal, pero sen ofrecerlle axudas innecesarias.

11.- Non consentiremos escoltar. “ …é que non teño nada que facer”.

12.- Colaborar co colexio na educación dos fill@s: entrevistas periódicas, informacións, seguimento de actuacións,etc.


Resultado de imagen de ilustraciones tecnicas estudio para niños   Resultado de imagen de ilustraciones tecnicas estudio para niños


   

   


    

 



Resultado de imagen de ilustraciones tecnicas estudio para niños            Resultado de imagen de ilustraciones habitos  estudio para niños




 Resultado de imagen de ilustraciones tecnicas estudio para niños  Resultado de imagen de ilustraciones tecnicas estudio para niños

" NUNCA CONSIDERES EL ESTUDIO COMO UNA OBLIGACIÓN, SINO COMO UNA OPORTUNIDAD PARA PENETRAR EN EL BELLO Y MARAVILLOSO MUNDO DO SABER " ( Einstein )



 
               Resultado de imagen de ilustraciones tecnicas estudio para niños